Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A Gorga

Viernes, 24 de febrero de 2006

unha foto dunha esquela

lendo a semana pasada o diario de noticias (diario de madeira) aconteceume algo q me fixo sentir extraño, triste, sensíbel ...
non acostumo fixarme moito nas necrolóxicas, fai moito tempo ate as ignoraba, mais dende que estou casado, a miña muller, que é médico, pois pegoume un pouco ese tic seu de miralas, pra ver se tinha falecido algun paciente seu mais ancians e doentes (as veces ate ben novos tristemente ...:( ); pois como decia estaba a lela e vin a foto dunha das esquelas (sí, aquí é costume colocar unha foto do difunto xunto a esquela, ao principio parecíame un bocado macabro, agora ate penso q é ben práctico), é sonábame un montón o señor xoven da foto. enseguida cain: nen facia un mes, o señor tiñame colocado un aparato de cds no coche, lembreime da sua atención e amabilidade, non era a única vez q fun, desde q vivo en madeira fai 6 anos o taller del tense ocupado dos problemas eléctricos e mecánicos dos nosos coches. ademais el recebía aos clientes. morreu nun accidente de moto nun tunel q non levaba nen un mes inaugurado. tiña 31 anos e deixa muller e dous fillos. moi similar a min: 34 anos, casado e cunha filla. a muller dedicaballe unhas palabras amorosas e dramáticas na esquela ... e pensei: esta vida é ben fugaz ... maravillosa e fodida ao mesmo tempo ... cuanta razón tiña sabina cuando decia que "a esta vida hai q meterlle mau" e disfrutala cada instante.
tamen pensei, d non ter lido a esquela, d no ter tido a esquela a foto, dentro duns dias ao ir a cambiar o aceite ao coche, votariao de menos, e seguro q lle diria a un colega del do taller: ouve, é donde está o rui? ate igual acompañaría a pregunta cun sorriso, e o compañeiro que respondería? que sentimentos/recordos lle despertaria coa inoportuna pregunta?
de que situación mais incómoda me salvou (e salvou a outro) unha foto nunha esquela ...
esta vida é rara, escribese por segundos, instantes, pasar de follas, golpes de teclado ...

Por: pacino | persoal | Comentarios (1) | Referencias (0)

Comentarios

A ver se sae o comentario.
A vida hai que disfrutala e se estas no entroido ou carnaval disfrutao que xa miras que estas aqui de paso.
Un saudo e gracias polo teu comentario.

acedre | 28-02-2006 19:46:33

Comentar


Recordar datos

Acerca de

Espero que encontredes cousas de interés neste recanto galaico ...

Búsqueda

Categorías

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Enlaces

Bitacoras:

Medios de Comunicación Online: Diarios deportivos: Ensino:

 Bitacoras.com href="http://www.bitacoras.com/top500/"> Blogs en español: personales, viajes, etc. blogalego - buscando nos blogs en galego!
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009