Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A Gorga

Viernes, 24 de febrero de 2006

sobre münchen, tertsch, palestina, israel e os partidarios da paz

vin esta semana "München" de spielberg, gustoume moito e levoume reflectir sobre a actualidade da sua temática hoxe en dia; e non so polo tema palestino/xudeu, senon tm pola actualidade política e mediatica española.
escribe hermann tertsch en dous articulos (14 e 21 de fevreiro) en El Pais sobre o conflicto do medio oriente, e apesar dos seu mínimos intentos por entender (non digo apoiar, por david!!!) a causa palestina, todos eles rezuman un proxudeismo radical. non se cansa de ladrar que hamas e o novo goberno son terroristas - graciñas, por tanta repetición, pero non é necesario-, que todo (sic!) o mundo islámico quere humillar e vencer a Israel e ao mundo occidental en xeral -eu debo vivir noutro mundo occidental ... pois non teño esa percepción-. felicitase que angela merkel gañase ao "obsceno" schröder, para apoiar asi a polonia, rep. checa, eslovaquia e hungría pola sua defensa da dignidade e da xerarquia de valores. cabe lembrarlle a tertsch que polonia demostrou non fai moito a sua dignidade e os seus valores defendendo unha guerra con base en probas falsas, nunhas armas de destrucción masiva q non tiña irak, pero sí -maldita e mortífera ironía- os seu invasores. desde logo en ningun dos seus articulos fala tertsch do goberno terrorista de israel, que o estado dos xudeus mate (e non so a "terroristas", senon tm a víctimas inocentes - moitisimos deles, nenos), supoño que é totalmente legal para tertsch. supoño que hasta brindará con un "mozeltav", mais, grazas a deus, existen moitos xudeus que son bastante mais autocriticos co(s) seu(s) goberno(s), e reinvindican unha paz dialogada, "mozeltav" por eles).
fiando coa actualidade española di tertsch que os partidarios da "paz" (sic!!!) acabarán culpando ao Partido Popular das bombas que pon ETA, obviando q:

- o único partido politico q utiliza a eta e as suas víctimas con intereses electorais, é precisamente o pp

- que desde logo, os q ansiamos a paz, o fin de atentados dos terroristas sí que nos congratulamos polos (valentes) pasos q está dando zapatero.

a PAZ é ese dialogo nas escaleiras entre o terrorista xudeu e o palestino en "München", un, defendendo o terreno conquistado e o outro, reclamando o seu direito a recuperar o que lle foi roubado; e sen lugar a duvidas, que se fora por estas duas figuras cinematograficas, seguro q se chegaba polos dous bandos a un acordo, porq os dous tranmitian respeto desde as suas antagonicas posturas.

Por: pacino | persoal | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Acerca de

Espero que encontredes cousas de interés neste recanto galaico ...

Búsqueda

Categorías

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Enlaces

Bitacoras:

Medios de Comunicación Online: Diarios deportivos: Ensino:

 Bitacoras.com href="http://www.bitacoras.com/top500/"> Blogs en español: personales, viajes, etc. blogalego - buscando nos blogs en galego!
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009