Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A Gorga

Viernes, 03 de febrero de 2006

sobre a liberdade de expresión

con razón pensaredes: caramba, pacino, sí que alongou as suas vacacions de nadal! en parte tedes razón, pero noutra non (hehehe ;) . viaxes de traballo à (fria pero fermosa branca) alemaña, (moito) traballo (solitario) na tese doutoral ... roubaronme o mes de xaneiro ao meu querido blog! pero volto a pisar a miña verde e querida Gorga, pra soltar os meu sentimentos profundos (?).
espero (prometer, non me atrevo) ser mais "fecundo" este ano (que envidia me da acedre e o seu blog eueoseeuu, posts interesantísimos e casi diarios da sua estadia nos eeuu ...)

escribo hoxe sobre a polémica das caricaturas de mahoma.
intentarei deixar clara a miña postura: defendo e defenderei sempre a liberdade de expresión, sexa cual sexa a ideoloxía/intención que haxa detras dunha manifestación, texto, imaxen, caricatura, foto ...
creo que as reaccións dos radicais fundamentalistas islamistas é exaxerada, violenta e fascista. sen defender as liñas editoriais dos periódicos danés e noruegués (dícenme que son ultracristians), que foron os primeiros en publicar as famosas caricaturas, sí que defendo a sua liberdade en publicalas. faltaría mais! so faltaba que radicais islamistas, o papa e ultracatólicos, pastores ultraconservadores luteranos ... dixeran o que hai que publicar ou non ... desde aqui un apoio total a liberdade de expresión (total). ademáis, se alguén se sinte insultado, pois a acudir aos tribunais, e se éstes lle dan a razón, o medio de comunicación (ou persoa) a disculparse e a pagar a respectiva multa.

neste asunto hai unha cousa que me interesa ainda mais: a hipocresía de alguns medios de comunicación da direita española. vai un (outro) exemplo do diario que presume ser de centro, o (aqui xa comentado) El Mundo. estou completamente de acordo co seu editorial de hoxe EL ISLAM Y LA LIBERTAD; eu non tería ningun problema en asinalo,
pero ... mira que cousa mais interesante encontrei!!! lexan as seguintes liñas:

Y para rematar la faena, Maragall retrató ayer en las calles de Jerusalén a Carod-Rovira con una corona de espinas sobre su cabeza, tal vez para mofarse de muchos católicos que consideran que esos símbolos son sagrados. Si los israelíes conocieran a estos dos personajes, no se habrían sorprendido porque ambos son dos nacionalistas de campanario, que se afanan por llevar a cualquier lugar del mundo sus pequeños e imaginarios agravios.

saben quen escribiu isto? sííí, acertaron!!! é unha editorial de El Mundo, concretamente do 21 de maio de 2005, titulada CAROD Y MARAGALL, DE LA TORPEZA AL ESPERPENTO. non creen, queridos leitores do meu blog, que isto é un caso claro de hipocresía, de non respeitar a intelixencia dos leitores do diario, de manipulación ...; non é un caso claro de falta de obxetividade, de ter duas varas de medir ...?? ou é que so os medios de comunicación teñen direito à liberdade de expresión, e non as persoas (sexan presidentes ou labregos), organizacións ... ??
non é, para dicilo de forma clara e concisa, unha argumentación fascista (no significado apontado por min no meu comentario do 14 de Dezembro) ??
Para min, indudablemente SÍ. O diario El Mundo e sua liña editorial, estase acantoando cada vez mais a posicions fascistas do mais rancio nacionalismo español (sobre as editoriais, opinións, ... do dito diario en relación ao actual tema sobre a suposta situación de opresión na que se encontra a língua española en cataluña - qué rápido se esquece que ate non fai pouco- durante 40 anos o catalán, vasco e o galego estaban, xa non oprimidas, se non prohibidas - prometo escribir pronto un comentario).

Por: pacino | política | Comentarios (1) | Referencias (0)

Comentarios

Benvida ao mundo blogueiro e gracias por falar de min. Agora xa sabes: mans a obra que seguro que tes cousas interesantes que contar.
Un saudo.

acedre | 05-02-2006 01:17:50

Comentar


Recordar datos

Acerca de

Espero que encontredes cousas de interés neste recanto galaico ...

Búsqueda

Categorías

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Enlaces

Bitacoras:

Medios de Comunicación Online: Diarios deportivos: Ensino:

 Bitacoras.com href="http://www.bitacoras.com/top500/"> Blogs en español: personales, viajes, etc. blogalego - buscando nos blogs en galego!
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009