Miércoles, 14 de diciembre de 2005
A verdade é que non sei como se sentirán moitos galegos ante o novo ataque dos medios de centro (?) - direita à todo o que "cheire" diferente ao nacionalismo (rancio e fascista) español. Non perderei o tempo a comentar a emisora dos curas e o seu periodista-locomotora (como él proprio se autodenomina); descalifícanse eles soliños: fascistas rencorosos que babean palabras sangrientas e totalitarias.
Sí que me sorprende bastante a liña tomado polo segundo diario de tirada nacional de España, tanto na sua liña editorial como nas mesmas informacións (caso xa grave, segundo a m i ñ a opinión). Non vou comentar opinións de colaboradores de extrema-direita de dito diario, pois non representan directamente ese diario. Tampouco vou analizar t o d o s os editoriais e informacións respeto ao tema exposto no título, non pretende ser unha tese. Pero sí permítanme escribir varios posts en relación a alguns comentarios/algunhas informacións de dito diario.
- di Pedro J. nas sua cartas (monólogo) do director do 11/12 titulado "El rio y el chopo":
En cuanto al resto de la banda gubernamental, ahí tenemos al BNG pretendiendo anexionar a la «nación» gallega las zonas «limítrofes» de León y Asturias mediante un proceso de autodeterminación a nivel municipal que, aplicado con coherencia, tendría la ventaja de que permitiría a la ciudad de Vitoria abandonar Euskadi, a Santa Coloma y Hospitalet salirse de Cataluña y a la propia La Coruña -escrita así con todas sus letras, al modo de Paco Vázquez- hacerle un buen agujero a ese mapa neoimperialista del Bloque.
En primeiro lugar, o mais importante neste caso, o contido: qué maneira máis desvergonzada de manipular unha realidade!!! Anexionar à nación galega ... ten iso que ver, con abrir os brazos e apoiar a aqueles concellos do Bierzo, Zamora ou Asturias que queiran fortalecer os seus lazos con galiza, non so por aspectos linguísticos, se non tamén por razóns culturais e histórica? Explicar esto de forma explícita, resulta, claro, mais difícil, que, cunha linguaxe terrorista (ao final vou explicar o que quero dicir con terrorista), pintar aos políticos do Bloque e os seus votantes pouco menos que conquistadores medievais, que van invadir e conquistar ditos concellos ... E aparte: a mesma "reinvindicación" (lexítima) do BNG é feita tamen p. ex. pola Rioxa (de onde é natural Pedro J.) e Castela e León (comunidade que criticou ao BNG). Por qué non di isso o director do Mundo? Eu, simplemente, creo que por manipulación, nen mais nen menos.
Ampliemos o comentario sobre a linguaxe de Pedro J.: "...a la propia La Coruña -escrita así con todas sus letras, al modo de Paco Vázquez- hacerle un buen agujero a ese mapa neoimperialista del Bloque" si esto non é unha provocación terrorista (simil a unha bomba), non sei que carallo (perdón) é... Mistura o autor topónimos españois con vascos (euskadi) e catalans (Hospitalet); pero claro ao galego, hai que lle meter o castelán como o Paco Vázquez. O dito: comentarios terroristas dun nacionalista español.
- informa o diario no mesmo dia:
¿Se retracta el BNG?
SANTIAGO.- El coordinador de la Ejecutiva del BNG, Francisco Jorquera, negó ayer en conferencia de prensa que «exista la propuesta» de anexionar territorios limítrofes a Galicia en el borrador de nuevo Estatuto presentado ayer por esta formación.
El BNG entregó al resto de partidos gallegos su propuesta de reforma del Estatuto de Autonomía, que propone que Galicia sea una «nación» y que abre las puertas a la incorporación de ayuntamientos «limítrofes», según explicó Jorquera.
«Lo que contempla nuestra propuesta de nuevo Estatuto es el impulso, en cooperación con las comunidades autónomas vecinas, para la normalización del gallego en aquellas zonas gallego hablantes que no forman parte del territorio de la comunidad de Galicia», indicó.
É un exponente claro da manipulación:
de que se retracta o BNG? de nada. O diario no seu texto informa sobre o que di o representante nacionalista, e ahí non se retracta nada, mais ben se enfatiza algo. Pero por q ese título? Pois simplemente para favorecer a liña editorial do diario, o BNG "retractase" na imaxinación dos autores da noticia para satisfacer a manipulación, e para intentar convertir unha mentira en verdade.
- En "Vox Populi" do 12/12 o equipo editorial do diario comenta:
ANXO QUINTANA
Aplica la ley de 'la mejor defensa es un buen ataque'. El líder del BNG arremetió ayer contra los presidentes de Asturias y Castilla y León por criticar su proyecto de Estatuto pangalleguista.Les acusó de «difamar», «manipular» y comportarse de manera «indigna», y les exigió que se «disculpen» ante todos los gallegos.
Esclarecer unha manipulación por parte de Anxo Quintana é descrita pelo Mundo como "un bon ataque" e é calificado como "pangalleguista". Queres caldo? Toma dous cazos! O dito: intenta cuntar a mentira mil veces que o final seguro vence, se ademais moita xente (nacionalistas españois) queren que sexa realidade.
Que os que nos sentimos galegos, vascos ou cataláns, sexamos calificados por nacionalistas españois como "radicais" xa é unha costume ata nos telediarios, pero a pesar de ser costume non deixa de ser unha calificación terrorista e mentirosa.
A min a actitude e linguaxe da equipa editorial e alguns xornalistas do Mundo (e de outros bastantes medios de comunicación ligados à direita española) lémbranme a seguinte cita:
” O impulso que levou às mudanzas de maior dimensión na terra, non foi, en nengunha altura, tanto un determinado coñecimento (ou saber) científico que dominaba (marcaba) as masas (o pobo en xeral), pero sí un fanatismo que animou as masas / as persoas, e às vezes foi unha espécie de histeria que as impulsionou. Quen quer conquistar as masas / a maioria da pobo, ten que coñecer a chave que abre os corazóns das persoas. E esta chave não é a objectividade, esto é, a fraqueza, pero sí é a vontade e a forza.”
Non é esa a intención dos tres anteriores textos? Para min, sí.
Por certo a cita é de Adolf Hitler, do libro Mein Kampf/ A miña loita. A modesta traducción é miña, a cita - non lin o libro- encontreina no extraordinario libro de historia alemã: Hagen Schulze; Kleine deutsche Geschichte. Mit Bildern aus dem Deutschen Historischen Museum, Verlag CH.Beck, München 1996, páx. 198
É evidente que a cita de Hitler é terrrorista.
Por: pacino | política | Comentarios (0) | Referencias (0)
Espero que encontredes cousas de interés neste recanto galaico ...
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Bitacoras:
Medios de Comunicación Online: Diarios deportivos: Ensino:
href="http://www.bitacoras.com/top500/">