Sábado, 19 de noviembre de 2005
trouxome recordos ver a zapatero en évora. évora é unha cidade pequena no interior (en concreto no alentexo) de portugal. eu estiven lá coa miña muller o ano pasado en xuño. encantoume. entre outras moitas cousa ten unha catedral moi bonita, un templo romano dedicado a deusa diana e a famosa capela dos ossos (revestida de osos humáns, q pertencian a xente sin recursos, vagabundos ou descoñecidos). tamen ten un bairro xudeu con ruas moi estreitas moi bonito. nos visitamola nunhos dias de auténtico calor, e gustoume a experiencia: o sol sobre as tellas vermellas e as fachadas brancas das casas ...
visita obrigatoiria e visitar a adega (hai moitisimos bos viños tintos no alentexo!) "hermandade do esporão"; teñen uns tintos maravillosos ... o esporão custa 15€ a botella, prezo caro, pero o viño mereceo. desta adega tamen é o "monte velho" un tinto de 5€, pero q ten un paladar moito bon!! mandovos unha fotiña da nosa estadía lá.
outro dia teñovos q falar de Funchal, a cidade onde vivimos. coñecédela? sabedes onde está?
;)



Por: pacino | persoal | Comentarios (2) | Referencias (0)
Um | 20-11-2005 14:51:17
Funchal esta en Madeira como ben apunta Um.
Eu sempre tiven a teima de facer unha viaxe a esas illas. Espero facela un dia.
Saudos.
acedre | 20-11-2005 18:11:22
Espero que encontredes cousas de interés neste recanto galaico ...
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Bitacoras:
Medios de Comunicación Online: Diarios deportivos: Ensino:
href="http://www.bitacoras.com/top500/">