Domingo, 06 de noviembre de 2005
- en inglaterra, o mais destacado é a derrota (2ª consecutiva!) do chelsea ante o manchester united en old trafford. despois do gol de fletcher e un bon arranque no principio do partido, o manU dedicouse a especular co resultado. o chelsea presionou toda a segunda parte, sen acerto. nos 5 min finais o arrogante mourinho retirou a del horno por un dianteiro mais; e o q pasou a ter mais oportunidades foi o manU. o arsenal venceu onten 3-1 ao sunderland (equipo q parece estar xa en 2ª, íncreible despois da temporada q fixo para ascender). o tamen ascendido west ham sí q mostra a sua veterania de premier gañando 1-0 ao wba, cainme moi ben estos hamers. o livepool da colonia española gañou 0-2 nun encontro bastante igualado cos vilans de birmingham.
- en españa o meu atleti empatou 0-0 co sevilla no sánchez pizjuán. dame a sensación que o virrei bianchi é bastante defensivo nos partidos fora do calderón ... o celtiña gañou 2-1 ao alavés, e ahi segue en postos de champions. o depor empatou 1-1 en málaga; o barça baixou dos soños ao getafe, 1-3; e o p... madrid gañou de penal ao zaragoza: robinho desperdizou un penal (inexistente) e no segundo, quixo tiralo pero e.t. roberto carlos dixo quen mandaba. o osasuna segue de lider, 1-2 en donosti, e esquecibel clemente empatou en montjuic.
- en alemaña o bayern gañou 3-1 ao werder bremen (2º clasificado), makaay marcou despois de 1400 min sen o facer; o bayern segue imbatido no seu novo estadio, a allianz-arena. o hamburgo non pasou do 0-0 en m'gladbach; e o meu bvb perdeu 2-1 co equipo da aspirina, bayer leverkusen (non confundir bayer - laboratorio farmaceutico da aspirina - con bayern (münchen) - baviera) ;-)
- en italia o milán goleou 5-1 ao udinese; partido dunha soa dirección. gilardino encantoume, marcou dous goles; a juve gañou 3-0 ao livorno. a miña roma gañou por fin 0-2 en messina, e o inter sigue coa sua crise 0-0 coa lazio.
- en arxentina nestes instante o equipo de liniers, velez, vai perdendo 0-1 con estudiantes la plata
- en portugal o benfica non pasou do 2-2 co gil vicente, e o porto esta gañando neste momentos ao pazos de ferreira 0-1
boa noite amig@s blogeir@s
Por: pacino | fútbol | Comentarios (0) | Referencias (0)
Espero que encontredes cousas de interés neste recanto galaico ...
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Bitacoras:
Medios de Comunicación Online: Diarios deportivos: Ensino:
href="http://www.bitacoras.com/top500/">